Espazo Caritel abre ao público fai tres anos, pero é en 1990 cando o proxecto comeza a botar raíces.
Este espazo é a unión da obra artística do escultor Daniel Caxigueiro coa súa gran afección, un xardín botánico no que se atopan multitude de especies diferentes.
Poderás visitar tanto exposicións temporais, como a súa obra máis emblemática na sala de arte do artista. O percorrido inclúe 3.500 m2 de natureza en estado puro, onde destacan a colección de camelias e hortensias xunto a outras plantas que proceden de distintos continentes.
Está situado a 5km de Foz e a 200 metros da Basílica Románica de San Martiño de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional.
De Xuño a Agosto:
11.30h-14.00h (De Martes a Domingo e días festivos)
17.00h-20.30h (De Martes a Sábado)
De Setembro a Maio:
Con cita previa
Adultos: 3€
Grupos (mínimo 10): 2€
Caritel nº6
San Martiño de Mondoñedo
27787 Foz-Lugo